Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Bouzada, no concello de Mondariz, da provincia de Pontevedra, por parte de Alfonso Martínez Álvarez.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que, Alfonso Martínez Álvarez, con domicilio en Outeiro, 5, Salvaterra de Miño, presentación nesta delegación provincial, o día 8-11-2000, instancia-solicitude de permiso de investigación Bouzada de 8 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Mondariz, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2924, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

18º 28' 40''42º 15' 00''

28º 28' 40''42º 14' 20''

38º 30' 00''42º 14' 20''

48º 30' 00''42º 15' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días háibles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 6 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra