Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: cambio de tensión subestación Carballo (Corcoesto).
Situación: Coristanco e Cabana de Bergantiños.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor 2 R.H.V. 12/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-110, de 245 m de lonxitude, coa orixe na liña Ponteceso-Corme e finaliza liña denominada Carballo, en inmediacións do C.T.I. Valencia de Abaixo.
Cambio de tensión a 20 kV dos transformadores que derivan da liña Ponteceso-Corme e que a continuación se relacionan: Villaverde (100 kVA), Verdes (50 kVA), Aserradero B. Castine, particular (175 kVA), Valencia (100 kVA) e Valencia de Abaixo (25 kVA). Concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 29 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña