Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/217).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Mariña-concello-Alesón.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, baixo tubo e conductor R.H.Z.1 12/20 kV, de 3(1/240) mm Al, na cidade da Coruña.

-De 10 m, coa orixe na liña Ventorrillo-Damas e final na liña B. Exterior-L. Rivas.

-De 30 m, coa orixe na futura subestación Baterías e final no C.T. Baterías.

-De 20 m, coa orixe na futura subestación Baterías e final na mesma subestación Baterías.

-De 50 m, coa orixe no C.T. deputación e final no C.T. Paseos.

-De 75 m, coa orixe no C.T. Mariña e final na liña Damas-San Nicolás.

-De 190 m, coa orixe na liña Damas-San Nicolás e final no C.T. concello.

-De 190 m, coa orixe no C.T. concello e final no C.T. Alameda. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 29 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña