Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA das obras de sinalización vertical, horizontal e balizamento na rede de estradas da Deputación Provincial de Ourense.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se citan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro de Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Obras: sinalización vertical, horizontal e balizamento na rede de estradas da Deputación Provincial de Ourense, segundo proxecto técnico redactado polos servicios técnicos desa deputación, con orzamento de 50.000.000 de pesetas e prazo de execución de 3 meses. Clasificación esixida: G.5.e.

Ourense, 3 de decembro de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente