Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, na súa sesión con data do 29-10-2001, o estudio de detalle promovido por Valle Hermoso, La Cantera, S.L., segundo proxecto redactado polo arquitecto José A. Comesaña García, visado polo COAG con data do 30-4-2001, que ten por finalidade establecer aliñacións e rasantes respecto da vía de nova apertura e reordenar volumes, en parcela sita en San Xoán de Arcal, A Canteira, sométese a información pública polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo para deducir alegacións.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos/as propietarios/as e demais interesados/as directamente afectados/as que, por resultar descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Redondela, 9 de novembro de 2001.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde