De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non
efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, deteminándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).
Lugo, 21 de setembro de 2001.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: P-161/2001.
Denunciado: Antonio Castro Fernández.
DNI: 76560394 H.
Último enderezo coñecido: Urraca, nº10-4º D. Valladolid.
Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca fluvial nun tramo acoutado (couto de Becerreá-río Navia), sen estar en posesión do preceptivo permiso regulamentario, tendo capturado unha troita de 22 cm. Feitos constatados o día 2-8-2001, ás 21 horas, en Torallo. Becerreá. Lugo.
Precepto sancionador: 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación da infracción: menos grave.
Sanción: 50.001 pesetas.
Indemnización por danos e perdas de 5.000 pesetas.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.