Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias 061SA/01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que a modifica, notifícaselles á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase intructor do procedemento a Jesús Álvarez-Linera Martínez, funcionario desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, citada.

A resolucion será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente

na Delegación Provincial da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, estime convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 8 de novembro de 2001.

P.A.

César Concheiro Ceide

Secretario provincial

ANEXO

Expedientes: 061SA/2001.

Denunciado: José Manuel Lago Rodríguez.

DNI: 52490678.

Ultimo enderezo coñecido: r/ Reis Católicos nº 43-45, 3º esq. Santa Celicia, Narón.

Feito denunciado: o Seprona de Ortigueira, denuncia que vostede non procedeu ó enterramento dun can de compañía unha vez morto.

Tipificacion da infracción. Regulamento de epizootias: 168 do Regulamento de epizizootías en relación co 216 do mesmo regulamento.

Sanción proposta: 15.000 pesetas.