Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento do C.T. Porto.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón, de 35 m de lonxitude, coa orixe en apoio metálico de liña que pasa por inmediacións do C.T. Porto, que cambia de lugar e final nova situación C.T. Porto. Centro de transformación tipo intemperie, sobre apoio de formigón, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Porto. Concello de Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 30 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña