Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Sigrás-Tabeiao (recuamento en Tabeiao).
Situación: Carral.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, de 83 m de lonxitude, en conductor tipo R.H.V. de 240 mm Al, que parte do apoio nº 91 da L.M.T. Sigrás-Tabeiao e final no apoio nº 92 da L.M.T. Sigrás-Tabeiao.
Liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 109 m, con orixe no apoio nº 92 da L.M.T. Sigrás-Tabeiao, conductor tipo R.H.V., e final no C.T. Tabeiao-Barbeito. Concello de Carral.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 31 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña