Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 370/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: tramo subterráneo L.A.T. 66 kV Tambre/Pontella-subestación Mazaricos.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: liñas eléctricas de alta tensión a 66 kV, subterráneas, en parte, pousadas sobre tubos formigonados e o resto enterradas en gabia baixo tubos formigonados de 105 m de lonxitude, con conductor R.H.Z.1 de 2x3(1x1.200) mm Al, con orixe en dous módulos correspondentes á liña Tambre-Pontella da subestación de Paxareiras de Eurovento e final noutros dous módulos da subestación de Mazaricos de Unión Fenosa Distribución, S.A. Concello de Mazaricos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 31 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña