Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-1/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 19 de xullo de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-la alegación presentada por José Luis Rodríguez Pardo, en nome e representación da entidade mercantil Gundín Inversiones, S.A., o día 25 de maio, documento nº 58513, con base no informe emitido.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono de Mesoiro, presentado pola xunta de compensación, coa obriga de elaborar un refundido do proxecto de urbanización onde se reflictan os cambios descritos na documentación que agora se aproba, e separata da iluminación publica.

Terceiro.-Notificarlles este acordo á xunta de compensación do sector 5-Mesoiro e ó alegante Gundín Inversiones, S.A.

Cuarto.-Autoriza-la cancelación do aval constituído pola xunta de compensación de Mesoiro polo importe de 125.248.224 pesetas (752.756,99 euros), presentado o 14 de abril de 2000, procedendo á súa devolución unha vez constituída a nova garantía polo importe de 65.837.533 pesetas (395.691,54 euros) en concepto de garantía de execución de obras de urbanización.

Quinto.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administartivo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte no que se practicou a notificación, aínda que previamente e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso administrativo será de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación, ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 31 de xullo de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo