Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 23 de novembro de 2001 pola que se notifica providencia de incoación de expediente de caducidade de concesión administrativa por ser descoñecido o lugar de notificación.

Pola presente cédula notifícase a Naviera Compostela, S.A., con último domicilio coñecido na avda. Rosalía de Castro, 114, Santiago de Compostela (A Coruña), mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Santiago de Compostela que, con data do 20 de novembro de 2001, logo de autorización da Presidencia do ente público Portos de Galicia, en Resolución do 19 de novembro de 2001, se dictou providencia de incoación de expediente de caducidade da concesión outorgada por orde ministerial do 6 de febreiro de 1960 a Naviera Compostela, S.A. no porto do Freixo, termo municipal de Outes, destinada a legaliza-la ocupación dunha parcela de 1.561 m na zona marítimo-terrestre da ribeira do Freixo, así como as obras levantadas para depósito e embarque de mercadorías.

A incoación do expediente baséase no incumprimento da cláusula 5ª do título de outorgamento posta en relación coa cláusula 9ª e nos motivos de caducidade previstos no artigo 79 de Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 181, do 29 de xullo), punto primeiro, letras b) e l).

Na resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 19 de novembro de 2001, desígnase como instructora do expediente a enxeñeira de camiños, canais e portos Guiomar Cabezas Martínez, xefa do departamento I da Área de Planificación e Explotación do ente público, sendo o seu réxime de recusación o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administra-

O órgano competente para resolución do expediente é o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo primeiro da orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro).

Todo o que se comunica para os previstos no artigo 161.1º do Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro (BOE nº 297, do 12 de decembro) polo que se aproba o Regulamento xeral para desenvolvemento a execución da Lei de costas, outorgándolle un prazo máximo de dez (10) días contado a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia ou no taboleiro de edictos do Concello de Santiago de Compostela, para examina-lo expediente, e, de se-lo caso, formular alegacións e presenta-los documentos e as xustificacións que estime pertinentes.

Así mesmo, fáiselles saber que na mesma providencia pola que se incoa expediente de caducidade, se lle comunica a obriga de proceder ó valado de toda a parcela ocupada pola concesión administrativa para os efectos de prever e evitar calquera risco ou dano nas persoas ou nos bens, procedemento noutro caso Portos de Galicia á execución desta medida de maneira subsidiaria e á súa custa.

O expediente de caducidade atópase nas dependencias do servicios centrais do ente público Portos de Galicia, sitos no edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación e, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da LRX e PAC, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2001.

Manuel García Blanco

Xefe da Área de Planificación e Explotación