De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de químicos.
A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.
Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.
Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emendaren o defecto que motivase a exclusión.
Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.
Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formularen reclamación.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Nome DNI Exclusión
Fernández Fernández, Mª del Carmen 44823639 53
Figueiras Gómez, Sergio 44807297 53
González Loureiro, Sonia 76623926 51,53
Rial Guldris, Berta 33300638 55
Saez Diez, Aurora 71253881 20
Causas de exclusión
20, taxas baremo non aboadas
51, instancia incorrecta (falta de sinatura)
53, falta do DNI ou DNI incorrecto
55, non cumpri-lo requitiso de titulación