Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.639

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2001 pola que se fai público o resultado do proceso de selección para a concesión de subvencións no marco da iniciativa comunitaria Leader.

Por Resolución do 10 de agosto de 2001, da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), abriuse o prazo para a presentación de proxectos para acollerse á iniciativa comunitaria Leader no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presentadas as solicitudes en prazo legal e valoradas pola comisión de selección constituída ó abeiro do punto 7.2 do Programa rexional Leader para Galicia, resolveuse o 20 de novembro de 2001 a convocatoria da axuda sinalada.

En cumprimento do disposto no artigo 11 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 238, do 11 de decembro), a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLVE:

Facer público o resultado do proceso de selección para a concesión de subvencións no marco da iniciativa comunitaria Leader, con indicación dos grupos de acción local que resultaron beneficiarios e dos respectivos cadros de financiamento, que se sinalan no anexo que se xunta.

O financiamento correspondente ós orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural farase con cargo á conta 01.01/01.03.03/656800.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2001.

(Por acordo do Consello de Dirección do 6-11-2001)

Alejandra Álvarez de Mon Rego

Subdirectora de Relacións cos Grupos de Acción Local

ANEXO

Beneficiarios

(GAL)

Investimento

total (A)

Achega Unión

Europea (A)

Achega adm.

xeral do Estado

(A)

Achega

Agader (A)

Achega entidades

locais (A)

Investimento

privado

(A)

Asociación grupo local de desenvolvemento rural Portodemouros13.203.584,77455.281.433,91950.658,10963.861,69726.197,165.281.433,91

Asociación Val do Limia-Terra de Celanova11.504.712,69494.601.885,08828.339,31839.844,03632.759,204.601.885,08

Asociación Terras do Miño9.901.942,81763.960.777,12712.939,88722.841,82544.606,853.960.777,12

Beneficiarios

(GAL)

Investimento

total (A)

Achega Unión

Europea (A)

Achega adm.

xeral do Estado

(A)

Achega

Agader (A)

Achega entidades

locais (A)

Investimento

privado

(A)

Grupo local de desenvolvemento rural Ribeira Sacra Lucense9.660.933,83913.864.373,54695.587,24705.248,17531.351,363.864.373,54

Fundación para o desenvolvemento da comarca de Terra Cha9.623.793,90513.849.517,56692.913,16702.536,96529.308,663.849.517,56

Asociación Neria9.587.487,33753.834.994,94690.299,09699.886,58527.311,803.834.994,94

Asociación para o desenvolvemento do País do Bibei e Ribeira Sacra do Sil8.875.869,72903.550.347,89639.062,62647.938,49488.172,843.550.347,89

Asociación de desenvolvemento rural integrado das comarcas do Condado e A Paradanta8.779.075,76273.511.630,31632.093,45640.872,53482.849,173.511.630,31

Asociación para o desenvolvemento integral da comarca ourensá do Miño (Valmiño)7.786.188,31563.144.475,33560.605,56568.391,75428.240,363.114.475,33

Asociación EuroEume7.504.713,90543.001.885,56540.339,40547.844,12412.759,263.001.885,56

Asociación Montes7.310.854,23332.924.341,69526.381,50533.692,36402.096,982.924.341,69

Asociación de desenvolvemento rural Río Lor6.714.403,08622.685.761,23483.437,02490.151,43369.292,172.685.761,23

Asociación Terras de Miranda6.647.240,90922.658.896,36478.601,35485.248,59365.598,252.658.896,36

Asociación de desenvolvemento Comarca de Ordes6.632.574,30112.653.029,72477.545,35484.177,92364.791,592.653.029,72

Asociación para o desenvolvemento rural Ulla-Umia6.369.252,29922.547.700,92458.586,17464.955,42350.308,882.547.700,92

Asociación de desenvolvemento Comarca de Monterrei-Verín5.847.373,89272.338.949,56421.010,92426.858,29321.605,562.338.949,56