Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle na travesía de Vigo, 17, esquina á rúa Rosario. (Expediente 6575/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 24 de setembro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle de ordenación de volumes e axuste de aliñacións e rasantes no terreo sito entre as rúas travesía

de Vigo, nº 17 e Rosario, promovido por Mª Castora Gómez Ceruelo, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos José Martínez Rodríguez e Daniel Rodríguez Fernández, con visado polo COAG do 5-2-2001 e 11-6-2001 (expediente 6575/411).

Segundo.-Notifíquese o presente acordo á promotora do estudio de detalle e demais interesados nos termos previstos nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Publíquese no BOP e no Diario Oficial de Galicia, con cumprimento dos trámites regulados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo (LSG).

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada a mesma non se puidese practicar.

Vigo, 26 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo