Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO do 30 de novembro de 2001 polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública da aprobación inicial da modificación puntual número 2 do PXOU Castelo de Santa Cruz.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello da Guarda, en sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de maio de 2001, a modificación puntual nº 2 do PXOU, sométese a información pública mediante anuncio no DOG, nun xornal dos de maior difusión desta provincia e no taboleiro de edictos do concello, durante o prazo dun mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

Durante este prazo poderá ser examinado nas dependencias de secretaría deste concello en horas de oficina e formulárense as alegacións que se consideren pertinentes.

A Guarda, 30 de novembro de 2001.

José Luis Alonso Riego

Alcalde