Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 14 de xullo de 1999, de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 1998/1200-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-1998 (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342B 1998/1200-5.

Orde de convocatoria: 27-4-1998 (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril de 1998).

Interesado: Ramón Fernández Ouviña.

Enderezo: Lg Castrelo,14, 36630 Cambados (Pontevedra).

Asunto: resolución ó abeiro da Orde do 27-4-1998 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 14-7-1999.

Parte dispositiva da resolución:

ACORDA:

«1. Conceder a Ramón Fernández Ouviña as axudas e subvencións pola contratación indefinida de 2 traballadores na contía seguinte:

-Axuda pola transformación de 2 contratos de duración determinada ou temporais en indefinidos, por un importe total de 600.000 ptas.

2. O pagamento destas axudas e subvencións queda condicionado á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á notificación da presente, da documentación que se indica, por triplicado exemplar, e debendo ser un deles orixinal ou fotocopia compulsada:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Ficha de transferencia e/ou certificado do banco/caixa de titularidade e nº da conta.

-Imposto de actividades económicas.

-TC1 e 2, dos meses seguintes: abril/99, setembro/99, marzo/98 e decembro/97 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan).

De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado, procederase segundo o caso, á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigo 26 e disposición adicional sexta da orde de convocatoria).

3. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas nos artigos 8.2 e 25 da orde da convocatoria.

Contra a presente resolución, o interesado poderá interpoñer, ó abeiro do artigo 22.3º da orde reguladora e de conformidade cos artigos 107.1º e 114º de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da presente notificación (BOE do 27).

Vigo, 14 de xullo de 1999. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes áchanse no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 5 de novembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra