Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/149-2, 5726 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información

pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en avda. Castro Ribeiras de Lea.

Situación: Cospeito.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con orixe en apoio da L.M.T. a C.T. Feira do Monte e final no C.T. avda. Castro Ribeiras de Lea, conductor tipo R.H.Z. C.T. prefabricado de 630 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V. L.B.T. subterránea con lonxitude de 10 m e conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo