Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/379-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Cortizo Hidroeléctricas, S.A.

Domicilio social: A Matanza, 15917 Padrón.

Denominación: central hidroeléctrica Arén-Río Castro.

Situación: concello de Cerdedo.

Descricións técnicas: dúas turbinas tipo Francis cunha potencia de 1.423 e 2.775 kW, para un aproveitamento hidroeléctrico cun salto útil de 73,5 m e un caudal de 6.000 litros/segundo. Dous alternadores de potencia 1.368 e 2.686 kW e 6.000 V de tensión de saída. Dous transformadores de potencia 1.600 e 3.000 kVA, R.T. 6/20 kV. Paramenta eléctrica e equipos de control, protección e manobra, así como instalacións auxiliares. A instalación está situada no concello de Cerdedo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra