Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 28 de setembro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle para o desenvolvemento da unidade de execución nº 2 das normas subsidiarias, redactado polo arquitecto Alfredo Rojas Temprado e promovido por Roberto Vázquez Souto e José Manuel Pazos López en representación de Pazos Souto 2000, S.L.

O que se fai público para a súa efectividade, en cumprimento do previsto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Caldas de Reis, 24 de outubro de 2001.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde