Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Gandeiros de Bovino Serra do Suído.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Gandeiros de Bovino Serra do Suído, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: tódolos gandeiros de vacún da provincia de Pontevedra maiores de idade.

Asinan a acta de constitución: Agustín Amoedo Malvar e outros.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 8 de novembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra