Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Galega da Prensa Deportiva (FGPD).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación Galega da Prensa Deportiva (FGPD) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita federación as asociacións de periodistas deportivos legalmente constituídas en Galicia.

Asinan a acta de constitución: Daniel Juan Soto Rodrigo, en representación da Asociación da Prensa

Deportiva de Pontevedra, e cinco persoas máis representando a outras asociacións.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais