Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da asociación Laboratorio Interprofesional Gallego de Análisis de Leche.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 24 de outubro de 2001, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Luis Saco Sierra, avalada co visto e prace do presidente, na que se reflicten os acordos acadados pola asemblea xeral extraordinaria, na reunión celebrada en Santiago de Compostela o día 18 de outubro de 2001, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral Relacións Laborais