Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/123-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32003 Ourense.

Denominación: subestación 132/20 kV Saceda entroncamento S. Cibrao-O Carballiño.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: subestación transformadora composta por módulos compactos de intemperie, transformador de potencia 15 MVA, e R/T 132/20 kV co seu mando, telecontrol e proteccións, alimentado pola liña a 132 kV San Cibrao-O Carballiño; o edificio que alberga as celas de 20 kV co seu mando, control, proteccións e medida; o transformador para servicios auxiliares de 50 kVA. R/T 20.000/400 V, o telecontrol e demais elementos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 24 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense