Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001 pola que se anuncia a tramitación urxente do contrato de subministración para a actualización dun servidor principal para o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de subministración arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores pode ser retirado no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; estrada de Santiago de Compostela a Noia, km 3, A Barcia, teléfono 981 54 25 39), faise público:

1. Obxecto: actualización dun servidor principal.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamentos: 16.200.000 pesetas, IVE incluído.

4. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 7 do prego de cláusulas administrativas

particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 8 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; estrada de Santiago de Compostela a Noia, km 3, A Barcia, ás 11 horas do terceiro día contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación especificado no punto anterior.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística