Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da adquisición de moblaxe con destino ó arquivo central do edificio administrativo en Vigo.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da adquisición de moblaxe con destino ó arquivo central do edificio administrativo en Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 32/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de moblaxe con destino ó arquivo central do edificio administrativo en Vigo.

c) Lugar de execución: praza da Estrela s/n (36201) Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de entrega: 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos corenta mil catrocentos catro euros con oitenta e catro céntimos (240.404,84 euros ou 40.000.000 de pesetas) IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 4.808,10 euros ou 800.000 pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio. Servicio de Xestión Económica e Control orzamentario da Consellería de Economía e Facenda.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) A xustificación da solvencia económica realizarase por algún dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño. A xustificación da solvencia técnica, segundo se indica no artigo 18 da mesma norma.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nas cláusulas 5.3, 5.4, e 5.5 do PCAP.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das oferta.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda; San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 12 horas do segundo día natural, que non coincida en sábado ou día inhábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda