Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RÁBADE

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria do día 17 de outubro de 2001, adoptou, entre outros

acordos, e por unanimidade dos nove membros que de feito e dereito compoñen a Corporación, e polo tanto co quórum esixido polo artigo 47.i da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e logo do preceptivo e vinculante informe favorable do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o acordo que na parte dispositiva literalmente di:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o expediente de modificación número 5 ó Plan xeral de ordenación urbana de Rábade, para situa-la nova depuradora de augas residuais.

Segundo.-Que se dea cumprimento ós requisitos establecidos polo artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-Levanta-la suspensión de outorgamento de licencias no sector D.

Contra o referido acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. Igualmente e con carácter potestativo, poderase interpoñer, ante o mesmo órgano que dictou este acordo, recurso de reposición no prazo dun mes, contado así mesmo desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen poder simultanear ambos, conforme se dispón nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a modificación introducida pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, advertindo de que tamén se poderá utilizar calquera outro recurso que estimen pertinente e/ou exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

O que se publica para xeral coñecemento e para os efectos previstos no presente acordo.

Rábade, 31 de outubro de 2001.

Francisco-Xosé Fernández Montes

Alcalde