Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación, en réxime de concesión, de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 23/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: contratación, en réxime de concesión, de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Canon mínimo total (por máquina): 2.888 euros (dous mil oitocentos oitenta e oito euros), 480.523 pesetas (catrocentas oitenta mil cincocentas vintetrés pesetas), IVE incluído.

Fianzas:

a) Provisional: 1.500 euros, 249.579 pesetas.

b) Definitiva: 3.000 euros, 499.158 pesetas.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e urxente.

Prazo de execución: catro anos, contados desde o día de posta en funcionamento de tódalas máquinas obxecto do contrato. Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas dúas partes, este contrato inicial poderá ser prorrogado nos termos establecidos na cláusula 2.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: admítese, a maiores da oferta base, un máximo de dúas variantes, nas condicións establecidas na cláusula 2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira: acreditación libre, a través de calquera dos medios establecidos no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: acreditación de acordo co establecido na cláusula 4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Canon de explotación ofertado: ata un máximo de 35 puntos.

2. Oferta de artigos e prezos (tarifas): ata un máximo de 30 puntos.

3. Sistema de cobro, calidade e prestación do servicio ofertasdo: ata un máximo de 20 puntos.

4. Melloras adicionais: ata un máximo de 15 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, edificio B, planta 1ª, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, edificio B, planta 1ª, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela