Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 23 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (R.C.I. 15/1994).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello da Coruña

Domicilio social: María Pita, 1, A Coruña.

Denominación: central de producción de enerxía eléctrica.

Situación: Nostián, s/n, A Coruña.

Descricións técnicas: central de producción de enerxía eléctrica, utilizando como combustible biogás, procedente da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos sita en Nostián, composta por:

-Cinco motores de 1.255 kW de potencia de cada un.

-Un transformador de 6.000 kVA de potencia e r/t 6/15-20 kV e 2 transformadores de 3.000 kVA de potencia C/U e r/t 6/0,38 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións