Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.501

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Por resolución da División de Recursos Humanos do 16 de maio de 2001 (DOG nº 100, do 25 de maio), nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

O número 6 da base quinta desta resolución de convocatoria dispón que a autoridade convocante publicará, de se-lo caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituí-los que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles, polo que esta división

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 16 de maio de 2001 nos termos seguintes:

Tribunal: matrona.

Membros titulares: presidente, Santiago Camba Bouzas, é substituído por Carmen Sixto Dasilva, sub

directora xeral de Información Sanitaria da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

Membros suplentes: presidenta, Carmen Sixto Dasilva, é substituída por Estrella López-Pardo y Pardo, subdirectora xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos