Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, mediante Decreto do 5 de novembro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle presentado por Ferymol, S.L. para a ordenación de volumes na avda. Vista ó Mar, praia América, parroquia de San Pedro.

Durante o prazo dun mes exponse o público o expediente, co obxecto de que poida ser examinado e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes.

Ó mesmo tempo, acordouse a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.

Nigrán, 7 de novembro de 2001.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde