Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do 25 de outubro de 2001, acordou aprobar inicialmente a solicitude de cambio de sistema de xestión de cooperación a compensación e somete-lo expediente a información pública polo prazo de vinte días, con citación persoal ós propietarios afectados no ámbito da AEI-24, de acordo co establecido nos artigos 121 e 126 da Lei do solo de Galicia.

Ignorándose o domicilio dos propietarios das parcelas con referencia catastral, 1452911, 1452908, 1250347, 1250310, 1452906, 1653232, 1250308, 1551231, 1551239, 1452907, 1551210, 1250305, 1250301, 1250345, notíficaselles, conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que o expediente se somete a información pública polo prazo de vinte días, a partir do día seguinte á publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 19 de novembro de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde