Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Pescagalicia-Arpega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Pescagalicia-Arpega que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: Poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas que sexan empresas armadoras de buques de pesca.

Asinan a acta de constitución: Severino Ares Lago e dezaseis persoas máis.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais