Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T.C., rúa Casabella, Ordes.
Situación: Ordes.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 530 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T.
Xeneral Mola e final no C.T.C. rúa Casabella, que se vai instalar. Centro de transformación en planta baixo de edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en rúa Casabella, do que parte rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo, con conductor R.V. de 112 m que se conecta a rede existente. Concello de Ordes.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 22 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña