Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 10/2001).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Enderezo: r/ Betanzos, 1-1º I, 15004 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Codesas.

Concellos afectados: Toques, Melide, Boimorto, Sobrado.

Coordenadas poligonais:

A: (X= 577.000; Y= 4.758.000)

B: (X= 577.000; Y= 4.763.000)

C: (X= 585.000; Y= 4.763.000)

D: (X= 585.000; Y= 4.761.500)

E: (X= 584.000; Y= 4.758.000)

Potencia que se vai instalar: 49,3 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 21 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións