Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de outubro de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02793-O-2000 e PO-02860-O-2000).

Pola presente cédula notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos domicilios coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que lles asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e, de non facelo así, procederase o seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de domicilios descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente, expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, o 15 de outubro de 2001.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02793-O-2000

LU-3980-H

G.C. Tráfico

Altravi, S.L.

Polígono As Gándaras, 36400

O Porriño (Pontevedra)

Circular transportando caixas de viño, lotes de cerámica e conservas carecendo da tarxeta de transporte. Circula sen distintivos. Servicio público.

13-11-2000; 17.40; N-550; 172

Artigo 90 da Lei 16/1987

e artigo 41 do R.D.

1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

15.000 ptas.

90,15 euros

PO-02860-O-2000

OR-2160-T

G.C. Tráfico

Confecciones Montemar, S.L.

Carriarico, s/n, 32002 Ourense

Circular transportando productos téxtiles, cunha tarxeta na que o visado da autorización non se realiza no prazo determinado pola Administración. Servicio privado.

11-11-2000; 18; N-525; 276

Artigo 103 da Lei

16/1987 e artigo 158 do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros