1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto do contrato: servicio de mantemento e reparación de maquinaria adscrita ó Parque Mobil Provincial.
3. Orzamento (IVE incluído): 15.000.000 de pesetas (90.151,82 euros).
4. Duración do contrato: ano 2002.
5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.
6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
8. Presentación das ofertas: 10 días naturais, a partir do seguinte á publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 268, con data do 22 de novembro de 2001.
Lugo, 22 de novembro de 2001.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo