Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

ANUNCIO de licitación.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria do 19 de novembro de 2001, acordou aproba-lo prego de condicións para a adxudicación mediante concurso, polo procedemento aberto, do servicio de limpeza de edificios e instalacións de titularidade municipal, así como a súa licitación.

Para tal fin exponse ó público o seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ribadumia.

2. Obxecto do contrato: a adxudicación da prestación do servicio de limpeza das distintas dependencias e instalacións de titularidade municipal que se indican:

-Concello.

-Pavillón de deportes.

-Vestiarios dos campos de fútbol de Ribadumia e Barrantes.

-Colexio público e ximnasio.

-Preescolares de Barrantes, Sisán, Ribadumia, Leiro e Lois.

-Casa de cultura de Ribadumia, Besomaño, Leiro, Sisán e Barrantes.

-Centro médico.

3. Duración do contrato: un ano contado desde a data do inicio da prestación do servicio, prorrogable ata un total de catro anos.

4. Orzamento de licitación: doce millóns de pesetas (12.000.000 de pesetas) ou setenta e dous mil cento vinteún con corenta e cinco euros (72.121,45 euros) IVE incluído, que se rrateará trimestralmente.

5. Capacidade para contratar: regulada no prego de cláusulas administrativas.

6. Garantía: provisional, non se esixe; definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

7. Presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello (de 9 a 14 horas) no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOE ou DOG.

Presentaranse dous sobres pechados, A (proposición económica) e B (documentación) en cada un dos cales se fará consta-lo contido e nome do licitador.

8. Criterios que servirán de base para a adxudicación: os contidos na base 10 do prego de cláusulas.

9. Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase o segundo día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de proposicións.

10. Modelo de proposicións: a oferta, xunto coa restante documentación esixible segundo o prego de cláusulas, presentarse conforme o seguinte modelo:

D/Dna....., maior de idade, con domicilio en....., con DNI nº....., en nome propio ou en representación de....., conforme acredita, informado do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, forma concurso, o servicio de limpeza das distintas dependencias e instalacións de titularidade municipal, comprométese a executala, atendendo ó prego de cláusulas administrativas particulares, de prescricións técnicas e ós criterios obxetivos de adxudicación polo prezo de..... euros/anuais.

En..... o..... de..... de 2001.

11. Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Ribadumia, 21 de novembro de 2001.

Mª Salomé Peña Muñiz

Alcaldesa