Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. C.T.C. río Xubia, 153 cc.
Situación: Narón.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,2 km, coa orixe no C.T. Retorta existente (expediente 52194), conductor tipo R.H.V. e final no C.T. río Xubia 153 proxectado. Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 kV. Concello de Narón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 19 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña