Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, estudio de impacto ambiental, declaración de utilidade pública, en concreto, e necesidade de urxente ocupación que isto implica e para a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación electromecánica que se cita. (Expediente IN661A 99/9-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e polo Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental (BOE nº 241), Decreto 80/2001, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal (DOG nº 75), e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136), polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, estudio de impacto ambiental e aprobación do proxecto sectorial e incidencia supramunicipal da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Domicilio social: Lugar de Ruibó, s/n, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: parque eólico Touriñán III.

Concellos afectados: Campo Lameiro, Cerdedo, Cuntis e A Estrada.

Potencia que se vai instalar: 19,50 MW.

Superficie afectada: 273,59 ha.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

Poligonal 1:

V (541.584, 4.716.000); V (541.828, 4.715.187);

V (541.496, 4.714.849); V (541.603, 4.714.205);

V (540.887, 4.713.613); V (540.674, 4.713.826);

V (540.575, 4.714.301); V (540.624, 4.714.496);

V (541.040, 4.714.948); V (540.836, 4.715.343);

V (540.903, 4.715.611); V (541.380, 4.716.000).

Poligonal 2:

V (543.771, 4.714.401); V (544.423, 4.713.992);

V (543.600, 4.713.767); V (543.659, 4.713.181);

V (543.275, 4.712.806); V (542.777, 4.712.835);

V (542.275, 4.712.957); V (543.148, 4.713.564);

V (543.083, 4.713.720); V (543.223, 4.714.047).

Características técnicas do parque eólico:

-26 aeroxeradores de 750 kW de potencia nominal unitaria.

-Potencia total instalada: 19.500 kW.

-Producción neta anual estimada: 75.117 MWh/ano.

-Orzamento total: 3.405.718.736 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-26 transformadores, situados no interior dos fustes, de 900 kVA e tensións de 0,69 kV/20 kV.

-Rede subterránea de interconexión das máquinas existentes, a 20 kV, mediante tres liñas, que transportarán a enerxía ata a subestación proxectada.

-Subestación transformadora 20/66 kV, con parque intemperie e edificio de servicios do parque, con transformador de 22 MVA. Transformador de servicios auxiliares de 50 kVA, tensións 20 kV/0,42-0,24 kV.

Afección a predios:

As que figuran na relación de afectados sono en concepto de servidume de paso.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e/ou dereito afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuren na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial sita na r/ Eduardo Pondal nº 64 de Pontevedra (36003), no prazo de 30 días contados a partir da última publicación deste anuncio.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Cuntis e A Estrada, e nesta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, podendo presentarse ante esta cantas alegacións se consideren dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Así mesmo, o proxecto sectorial do parque eólico poderase exainar nos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Cuntis e A Estrada, e nas dependencias da Delegación Provincial de Industria e Comercio

en Pontevedra, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Pontevedra, dentro do prazo sinalado anteriormente.

Pontevedra, 12 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de afectados

Denominación do parque: Touriñán III

(Monte Cregos)

Concello: Cuntis.

Montes en man común clasificados polo xurado provincial.

NomePropietarioAfección

Vilar de MatoVilar de Mato4,3 ha

CequerilCequeril (Sevil e Vilar)2 ha

Concello: Campo Lameiro.

Montes en man común clasificados polo xurado provincial.

NomePropietarioAfección

Tornos, Cabano e Coto DeirasCastro49,3 ha

Leixoso, Rolán e CabanoCimadevila e Lanceira1 ha

Montes veciñais.

NomePropietarioAfección

Parroquia de MuimentaMuimenta39,8 ha

PainceirosPainceiros24 ha

Concello: Cerdedo.

Montes en man común clasificados polo xurado provincial.

NomePropietarioAfección

MontoutoQuireza62 ha

Concello: A Estrada.

Montes veciñais.

NomePropietarioAfección

MontillónMontillón70,4 ha