Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/150-2, 5727 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Galegos Pereiro.

Situación: Pantón.

Descricións técnicas: L.B.T. aérea con lonxitude de 1,62 km con orixe no C.T.C. existente do Camiño Grande conductor tipo R.Z. L.B.T. aérea con lonxitude de 0,75 km con orixe no C.T.C. existente de Toiriz, conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo