Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 30 de outubro de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxo nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00039-O-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, tendo devido firmes as resolucións sancionadoras que se citan sen que os sancionados as abonaran, procedan o seu pagamento.

Requírense para que no prazo de 15 días hábiles abonen o importe da dita sanción, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1315, código de cliente 417, co apercibimento de que de non facelo así procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Fiador

Último enderezo coñecido

OU-00039-O-2001

PB-9922-HK

G.C. de Tráfico

ETDNMNTBP TODQPOB (IMPORT EXPORT

TPMMOBDNB, n º3 0 TPMMOBANB YA (PLEVEN) (Bulgaria) TPMMOBANB YA (Pleven)

Utilizar un disco non válido para o tacógrafo marca Kienzle, modelo GMBH D 7730 nº de serie 1038911 e nº de homologación 21-44, por non coincidir co seu número de homologación.

27-11-2000 16

A-52 217

R(CE) 3821/1985Art. 143 da Lei 16/1987 art. 201 do R.D. 1211/199050.000

300,51 euros

Luis Miguel Lainz Uruñuela

Plaza Eras de Arriba, 1

28863 Cobeña (Madrid)

OU-02608-O-2000

34-68-NM

G.C. de Tráfico

Transportes Irmaos Soares, LDA.

Lugar da Estrada Bairro, s/n P4760 Portugal (Vilanova de Famaliçao)

Transportar pasta de papel, circulando na xornada actual coa tapa do tacógrafo aberta infracción observada entre as 8.45 horas e as 10.15 horas do día 29-8-2000.

29-8-2000 19.35

A-52 124

R(CE) 3821/1985Art. 143 da Lei 16/1987 e art. 201 do R.D. 1211/1990230,000

1.382,33 euros

José Justa Mostaza

Avda. los Huetos, 20-4º A

01010 Victoria