Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.311

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (3/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 3/2001 por instancia de Salvador Castro Pose contra a empresa José Manuel Fernández Carrizo sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 22-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, dí así:

Decido que, estimando a demanda promovida por Salvador Castro Pose contra a empresa José Manuel Fernández Carrizo, debo condenar e condeno á demandada a que lle abone ó demandante a cantidade de 133.133 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa José Manuel Fernández Carrizo, expido e asino esta cédula na Coruña o 22 de outubro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado