Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-6/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 9 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle do POL H11.03, presentado por Consolidada de Promotores, S.A., e que ten por obxecto establece-las rasantes das vías da avenida de Monelos, vía perimetral oeste do Parque Ofimático e nova vía que une as referidas vías, e ordena-los volumes de acordo coas especificacións da ficha do polígono.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento, anunciándose así no DOG e nos xornais de maior circulación na provincia, para que no prazo dun mes poidan os interesados presenta-las alegacións oportunas.

Terceiro.-Notificar ós propietarios incluídos dentro do ámbito do polígono».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de planeamento, sito

na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 21 de novembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo