Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001 pola que se publica a adxudicación da contratación que se cita.

En cumprimento do establecido no R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, no seu artigo 93.2º, esta dirección acorda darlle publicidade á adxudicación da contratación da subministración de equipos para o tratamento da información.

1. Entidade adxudicadora: Escola Galega de Administración Pública.

2. Nº expediente: 2001/50/233.

3. Obxecto: subministración de equipos para o tratamento da información.

4. Data publicación: Diario Oficial de Galicia nº 132, do 9 de xullo de 2001.

5. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso público.

6. Orzamento base licitación: 7.800.000 pesetas (46.878,94 euros) distribuídos en dous lotes.

7. Adxudicación:

a) Data: 5 de novembro de 2001.

b.1.) Lote 1.

Adxudicatario: SOFTGAL (variante 1).

Importe: 2.692.648 pesetas (16.183,15 euros).

b.2.) Lote 2.

Adxudicatario: Coremain, S.L. (variante 1).

Importe: 3.865.000 pesetas (23.229,12 euros).

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública