Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador PO-I-01/103 e outro maís (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó desta publicación, conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), e unha vez producida a firmeza desta resolución -firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 31 de outubro de 2001

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-01/103.

Denunciado: José Antonio Lozano Ascarate.

Último enderezo coñecido: Ecuador, 38-1º D 36203 Vigo.

Feito denunciado: queima sen autorización.

Precepto infrinxido: artigo 137 b) do regulamento á Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.

Sanción: 5.001 pesetas.

Expediente: PO-I-01/105.

Denunciado: Jesús Montoya Gabarrez.

Último enderezo coñecido: avda. de Galicia, 100 Teis.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento á Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.

Sanción: 50.000 pesetas.