Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/288-1).

Visto o expediente para a autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio social: avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: L.A.T. 66 kV Pedregal-Tremuzo.

Situación: Muros e Mazaricos.

Descricións técnicas: liña eléctrica aero subterránea a 66 kV en dobre circuíto, no tramo aéreo sobre apoios metálicos e en conductor LA-280, de 8.237 m de lonxitude, con orixe na subestación do P.E. Pedregal Tremuzo, seguido de tramo subterráneo baixo tubo, con conductor XLPE 36/66 kV de 3(1x630) mm Al, de 120 m de lonxitude e final na subestación de Mazaricos, propiedade de Unión Fenosa S.A. que discorren por Muros e Mazaricos. No seu percorrido téndese unha liña para comunicacións de fibra óptica, tipo PKP, de 24 fibras.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte

ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 20 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións