Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/83-2, 5663 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: desvío L.M.T. a C.T. A Áspera-retranqueo Cha.

Situación: Bóveda.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 20 kV con lonxitude de 0,1017 km, con orixe no apoio nº 1 L.M.T. A Áspera conductor tipo LA-56 e final no apoio nº 3 L.M.T. A Áspera.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 15 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo