Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., en Correxais.
Situación: Vilamartín de Valdeorras.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV en conductor LA-56 de 185 m de lonxitude, derivada desde a L.M.T. próxima de Unión Fenosa, S.A., e remata no C.T. proxectado aéreo con 25 kVA r/t 20.000/380-220 V en Correxais.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 15 de outubro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense