Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001289/2001 JL, interposto por Ferrovial Agromán, S.A.

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a resolución da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0001289/2001 JL, interposto por Ferrovial Agromán, S.A., contra desestimación presunta por parte da consellería sobre reclamación por demora no paso de certificación da obra de substitución de fachadas na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou, nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazados para que poidan comparecer como demandados no recurso no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria